EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA
Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre

lunes, 25 de marzo de 2019

Charla Educación Sexual de Sabela Iglesias

FALEMOS DE SEXO…


O pasado xoves 21 de marzo, os alumnos de 6º de primaria e 1º da E.S.O., asistiron a unha charla informativa sobre educación sexual, impartida por Sabela Iglesias, xinecóloga no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e autora do libro “Dúbidas reais de adolescentes sobre sexo” da editorial Catro Ventos. Un recomendable libro para lectura de pais/nais e fillos/as que nos pon en valor as relacións persoais así como os riscos actuais do mal uso das redes sociais, entre outros.

 Sabela Iglesias durante a exposición.

Esta conferencia abre o ciclo de tres intervencións ás que asistirán tamén o alumnado de 2º, 3º e 4º da E.S.O.


Do relatorio cabe destacar a importancia do respeto entre persoas, a tolerancia, e os perigos que encubren as redes sociais sobre este tema.




Alumnos de 6º de primaria e 1º da E.S.O. asistentes o acto.


Participación do alumnado no momento do relatorio.