EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA
Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre

martes, 28 de marzo de 2023

3º EP PRESENTA SEUS TRABALLOS DE CIENCIAS AOS ALUMNOS/AS DE 2º EP

 Na mañá de hoxe, o alumnado de 3º EP foi a presentar á clase de 2º EP todos os seus traballos de Ciencias relativos á Terra, Atmosfera, Ciclo da Auga e as Estacións Meteorolóxicas.


Dentro do proxecto anual de do Departamento STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), a activadade das materias de ciencias en coordinación Departamento do Plan Lector de centro, fixo traballar aos alumnos durante semanas, na investiagción e preparación dun póster a modo de Lapbook ou Flipbook en tamño folio, dos temas indicados. 



En horas de clase de ciencias, tanto naturais coma sociais, e durante unh afin de semana, os/as rapaces/zas puideron desenrolar de maneira libre e voluntaria o formato de traballo. 

Unha vez rematada a data de presentación, os/as nenos/as de 3º foron á clase de 2º a ensinar e expoñer seus traballos. Cunha pequena explicación por parte dos/as profes, en qué consistía a actividade, logo, os pequenos/as dicían un número ao chou, e o/a alumno/a coincidinte con ese número da lista de clase de 3º expoñía seu traballo. 

Durante unha clase expuxéronse, un mínimo de 4 traballos, (1 de cada tema) e un traballo extra de cada tema, sendo 8 en total. A clase de 2º de primaria estivo súper atenta e participativa, escoitando e facendo preguntas aos que expoñían.


Foi unha mañá moi gratificante, e tanto os maiores coma os pequenos quedaron encantados co proxecto de investigación e de exposición.

Seguiremos facendo actividades así!