EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA
Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre

viernes, 24 de febrero de 2023

OS ALUMNOS DE 4º INICIAN A CREACIÓN DUN LIBRO DE LITERATURA INFANTIL

 Os alumnos de 4º de primaria do cole, Adam, Alex e Martín, comezaron a campaña de información e publicidade dentro do colexio, do seu libro, primeira obra orixinal, "La dimensión Oculta".


Pegaron carteis por todas as instalacións de infantil, primaria, secundaria e o pavillón; así como deron pequenas charlas informativas nas clases de primaria, ANUNCIANDO, a creación da súa primeira obra completa de Literatura Infantil: guión, ilustracións e maquetado final, de maneira artesanal por eles tres.





Un traballo que comezaron, de maneira voluntaria alá polo mes de novembro, coa titoría do seu profe de Plástica, Xose, e a súa titora e profe de linguas, Ada.

Unha magnífica medida e proxecto que fomenta a lectura, creatividade, imaxinación, autonomía e expresión escrita e oral dos alumnos.

Bravo por eles!