Seguindo o Plan Lector de Centro do Colexio Ángel de la Guarda deste curso 2018/2019, os alumnos/as de 5º primaria comezaron a realizar 1 sesión semanal de lectura aos neno/as de infantil de 5 anos da profe Marisa.
Nesta ocasión o escenario elixido é (sempre que a climatoloxía o permita) a zona de xardín que o colexio ten, entre ás árbores, as mesas de madeira e na herba; xa que o entorno de lectura e ambiente da natureza favorece moito o gusto pola actividade.
É unha moi boa experiencia para todos/as os/as alumnos/as: maiores e pequenos/as, xa que se fomenta a integración e a lectura comprensiva, á vez que a expresión, e o autoconcepto - autoestima dos maiores.
Esperamos que vos guste!