EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA
Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre

jueves, 27 de febrero de 2014

POEMA DE ENTROIDO

Os nenos do 1º Ciclo de primaria traballamos o poema " Romance " de Dario Xohan Cabana  porque a nosa comparsa de Entroido está inspirada na antigua Roma. Como é moi extenso fixemos unha adaptación. Tamén fixemos un mural como este 


I

Miñas donas e señores,

nenos, vellos e medianos,

esta historia verdadeira

xa comeza cos romanos.

Era unha vez unha terra

que Gallaecia era chamada,

onde había moitas tribos

nunha idade antepasada.

Fabricaban xoias de ouro

de fina ourivesería,

mais as linguas ignoramos,

pois ningunha se escribía.

Chegaron despois de Roma

xentes ben organizadas,

que gañaron esta terra

polas armas esforzadas.

 

 

poblado
II

 

Asentáronse os romanos

en cidades que fixeron,

os antigos poboadores

dos seus castros descenderon.

Mesturáronse os dous pobos,

vencidos e vencedores,

e ó cabo dun certo tempo

non quedaron máis rancores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario