EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA
Los libros me enseñaron a pensar y el pensamiento me hizo libre

miércoles, 27 de febrero de 2019

QUINTO DE PRIMARIA FAI A LECTURA DA BIBLIOTECA DE AULA A 5 ANOS AO AIRE LIBRE.


Seguindo o Plan Lector de Centro do Colexio Ángel de la Guarda deste curso 2018/2019, os alumnos/as de 5º primaria comezaron a realizar 1 sesión semanal de lectura aos neno/as de infantil de 5 anos da profe Marisa.

Nesta ocasión o escenario elixido é (sempre que a climatoloxía o permita) a zona de xardín que o colexio ten, entre ás árbores, as mesas de madeira e na herba; xa que o entorno de lectura e ambiente da natureza favorece moito o gusto pola actividade.



No proceso, os neno/as de 5º apadriñan/amadriñan en cada sesión a un neno/a diferente de 5 anos, e eles/as mismos/as son os que elixen os contos que hai na biblioteca de aula de infantil para que lles lean e que son especiais para a súa idade, os libros viaxan nun cofre dende a aula ata a zona verde, e son os "maiores" os que lles leen, con explicacións e intervencións de diferentes maneiras.


 


É unha moi boa experiencia para todos/as os/as alumnos/as: maiores e pequenos/as, xa que se fomenta a integración e a lectura comprensiva, á vez que a expresión, e o autoconcepto - autoestima dos maiores.







Esperamos que vos guste!







No hay comentarios:

Publicar un comentario